O Goberno de Ferrol inicia unha campaña de control no estacionamento de Doniños
O Goberno de Ferrol ven de pór en marcha unha campaña de control no estacionamento da praia de Doniños a través da Policía Local para apercibir aos campistas estacionados en caravanas, furgóns e furgonetas, a fin de detectar as posibles infraccións e abrir os expedientes de sanción que correspondan.











