O Goberno de Ferrol estuda recorrer a sentencia do TSXG que exime a Navantia de pagar o imposto de Bens Inmobles (IBI)

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O Goberno de Ferrol estudará a fondo esta tarde cos seus servizos xurídicos todas as posibilidades legais de recorrer o faio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que exime a empresa pública Navantia, que xestiona o Goberno central a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais, do pago do imposto de Bens Inmobles (IBI) ao Concello polos terreos que ocupa a beira da ría.

A sentenza da sala do Contencioso-Administrativo do TSXG -comunicada esta semana- estima os recursos interpostos por Navantia e o Ministerio de Defensa contra o veredicto anterior do xulgado do Contencioso Administrativo número un de Ferrol, que tomando como base a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminaba que a exención fiscal a Navantia podería supoñer unha vantaxe para a empresa naval contraria a doutrina europea do libre intercambio comunitario. 

23 de xullo de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.