O Goberno de Ferrol consultará aos veciños sobre o destino dos recursos públicos
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, valorou hoxe como “moi positivo” este primeiro mes de mandato, que supuxo a apertura das portas do consistorio as entidades e veciños, que está a ser, dixo, “unha experiencia moi ben recollida pola cidadanía”.
Como é lóxico nunha Administración local este mes de arranque tamén tivo un corte moi organizativo, co primeiro pleno (2 xullo), a designación dos representantes do Concello nos distintos entes, a posta en marcha da Xunta de Goberno Local -que xa celebrou dúas xuntanzas- e activando as Comisións de Goberno, que comenzarán a funcionar a vindeira semana, toda vez que os grupos municipais xa teñen designados aos seus representantes nas mesmas.
“A ilusión que recollimos na rúa está tendo continuidad no Concello”, resumiu. Suárez avanxou hoxe que o seguinte paso que toca dar é contacto comprometido coas entidades veciñais que xa ten data para a asamblea veciñal comprometida polo Goberno local: será o mércores 22 de xullo ás 20:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester.











