publicidade hoxe

O goberno de Carballo escoita as demandas da Comunidade de Propietarios do Polígono de Bértoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Reunión do alcalde co representante da Comunidade de Propietarios

Reunión do alcalde co representante da Comunidade de Propietarios

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, veñen de manter unha xuntanza na Casa do Concello co Presidente da Comunidade de Propietarios do Parque Empresarial de Bértoa, Antonio Gómez Caamaño, e co Secretario da entidade, Juan Carlos Fernández Cancela, na que falaron dalgunhas das demandas que os propietarios teñen realizado para mellorar as infraestruturas do polígono carballés. Entre as peticións formuladas, as principais céntranse en tres cuestións.

En primeiro lugar, solicitaron a mellora xeral da rede viaria; en segundo, o incremento do alumeado nas zonas verdes do parque empresarial; e en terceiro consideran necesaria a mellora e ampliación da área de estacionamento reservada para camións no polígono. Despois dunha reunión de preto dunha hora, Ferrero e Regueira comprometéronse a estudar estas peticións. Hai que mencionar que nestes momentos a Comunidade de Propietarios do Parque Empresarial de Bértoa conta cunha listaxe de 115 empresas pertencentes a numerosos ámbitos como transportes, alimentación, limpeza, construción, informática, metalurxia, químicos, electricidade, reciclaxe, pinturas, enerxías renovables, fontanería, deseño gráfico etc. A entidade e o Concello manteñen unha relación de colaboración que se ten reflectido con anterioridade en acordos como, por exemplo, axudas para a dotación de novas cámaras de vixilancia para mellorar a seguridade no Parque Empresarial carballés e atender as áreas que naquel momento carecían de cobertura.

14 de xullo de 2015 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.