O goberno de Ames manterá unha xuntanza coas asociacións de veciños para abordar a actualización do inventario de bens e dereitos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O goberno municipal convocou para este venres, 31 de xullo, ás 21:00 horas, unha xuntanza con todas as asociacións de veciños do municipio para falar da actualización do inventario de bens e dereitos do Concello de Ames. Nesta xuntanza participarán o alcalde, que estará acompañado de varios concelleiros/as do goberno municipal, así como dun asesorar xurídico e da secretaria municipal. Este inventario, que foi elaborado pola empresa Tragsatec, pode consultarse na páxina web municipal e no departamento de Secretaría municipal, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O alcalde de Ames, José Miñones, explicou que “na reunión desta noite váiselle explicar a todos os veciños e veciñas o proceso e trámites que hai que realizar para poder actualizar o inventario de bens e dereitos do Concello de Ames. Este inventario está exposto na páxina web municipal, e aínda que finalizase o primeiro período de alegación, vanse abrir novos prazos para presentar alegacións e este documento”.

O rexedor municipal tamén incidiu en que “a idea do goberno municipal é aprobar en Pleno un primeiro borrador do inventario para despois, a medida que se vaian presentando alegacións, se vaian solucionando os erros existente ata dispoñer dun inventario totalmente actualizado. Tiñamos pensado facer estas xuntanzas en setembro percorrendo as parroquias e falando de forma individual con cada unhas das asociacións, pero ante a petición dunha reunión por parte das propias asociacións decidimos convocalas hoxe na Casa do Concello para aclarar este tema”.

Cómpre lembrar que a actualización do inventario municipal de bens e dereitos comezouse a abordar en marzo de 2010, momento no que se lle encargou á empresa Tragsatec a realización dos traballos de elaboración e actualización do inventario municipal do Concello de Ames. Tras dun largo período de traballo o devandito inventario foi entregado en soporte papel e dixital o pasado 16 de decembro de 2014.

Bens e dereitos das parroquias amesás

Neste documento recóllense os bens e dereitos das once parroquias amesás: Agrón, Ameixenda, Ames, Biduído, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte. Deste xeito, contén información sobre os inmobles urbanos e rústicos; bens histórico-artísticos; vehículos; viarios; dereitos reais; mobles; semovintes; créditos persoais e valores mobiliarios.

O inventario dispón da relación de todas as propiedades municipais xunto coa valoración do patrimonio. Este documento será unha ferramenta de traballo e un instrumento de xestión municipal moi útil para o Concello, xa que, entre outras cuestións, conta cun inventario onde están actualizados os datos de todas as súas propiedades. 

31 de xullo de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.