O goberno de Ames aborda co director de Augas de Galicia a apertura da potabilizadora de Ponte Maceira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+
O alcalde de Ames na reunión co director de Augas de Galicia

O alcalde de Ames na reunión co director de Augas de Galicia

Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron unha xuntanza co director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, para abordar varios temas entre os que destacan a apertura daETAP de Ponte Maceira, que abastecerá de auga aos concellos de Ames e Brión,da depuradora de Sisalde e da limpeza do ríoSar ao seu paso polopaseo fluvial de Bertamiráns.

No tocante á ETAP de Ponte Maceiradende Augas de Galicia agradecéronlle ao novo goberno municipal a axilidade coa queasinaronos contratos da instalación de Fenosa, que estabanpendente de asinarpor parte doanterior goberno, e que lles permitiu seguir avanzando de cara a poder poñer en servizo esta instalacióno máis axiñaposible.

Por outra banda, dende o goberno municipal o alcaldetrasladoulle a solicitude conxunta co Alcalde de Brión de apertura inmediata da ETAP. Tal e como afirma Miñones “a urxente necesidade de dispor da ETAPo antes posible debido aos problemas de abastecemento que está sufrindo a poboación de Ames e Brión”. Neste senso, dende o organismo autonómico comprometéronse a aceleraro máximo posible a posta en marcha desta instalación.

O director de obra, que tamén asistiu a esta xuntanza, explicou que durante o mes de agosto realizaranseas probas de funcionamentotramo a tramo e os análises correspondentes. Estes traballos hai que realizalosantes de poñer en marcha a ETAP, polo que non se pode dar o servizo sen ter eses análises realizados. Deste xeito, segundo desta o rexedor municipal “as datas que manexan para abrir a potabilizadora de Ames-Briónea comezos do mes desetembro, aínda que intentarán acelerar o proceso para poder entregar a obras a última semana de agosto”. 

Outro dos temas que se abordaron nesta xuntanza foio sistema de pagos referente a esta instalación. Augas de Galicia trasladoulle ao goberno municipalque é preciso dispordun acordo plenario da nova corporación relativa aos pagos da novaETAP. Deste xeito, José Miñones explica que terán que poñerse en contacto o departamentode Intervención eAugas de Galiciapara que concreten os aspectos técnicos necesarios. O alcalde lamenta que “o anterior goberno non fixera achegaalgunha ano a ano, tal e como foiaprobado no pleno, deixando á nova corporación todo o pago desta infraestrutura”.

Depuradora de Sisalde

Por outra banda, o rexedor municipalinsistiu na necesidade de realizar unestudio da rede, antes de abordar a ampliacióndadepuradora de Sisalde. Ademais, quedou en facer unha coordinación futura para arealización da auditoría do estado da rede municipal, facéndoa coincidir co que está a levar Augas de Galicia sobre as canalizacións que van a EDAR.

Por último, o alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos Básicosinsistiron na necesidade de limparo río Sar, ao seu paso por Bertamiráns, e solicitaron actuacións puntuais en diversos puntos que permitan arranxar os problemas de depósitos e desborde do río nos meses de inverno. Miñones explica que lle fixeron “unha invitación formal ao director de Augas de Galiciapara que veña ata Ames a ver in situ o problema do que falamos. O directormostrou boa disposición ante esta invitación e comprometeuse a estudar a posibilidade de visitar o noso concello e facer algún tipo de actuación conxunta co Concello”.

 

29 de xullo de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.