publicidade hoxe

O goberno da Pobra reúnese con Ambar para coñecer á nova xunta directiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+
Reunión con Ambar

Reunión con Ambar

Hoxe, mércores 29, no Concello da Pobra do Caramiñal  celebrouse unha reunión de presentación da nova Xunta Directiva da Asociación AMBAR, na cal intercambiáronse ideas a propósito da súa labor de acción social

Por ser AMBAR unhaentidade nacida no concello da Pobra decidiron que foraesta a primeira presentación institucional conxunta.

Acordouse crear unha Comisión de Accesibilidade que terá como obxectivo avaliar os actuais e os futuros proxectos de obras, para asegurar que os criterios de accesibilidade universal se cumpran. O proxecto de Rexeneración Ambiental da Xunqueira e o do Teatro Cine Elma serán dúas das actuacións que serán supervisadas por esta comisión antes de que se realice a entrega da obra.

O Goberno Municipal aprobará o antes posible unha Ordeanza Municipal, que recolla unha normativa de obrigado cumprimento para calquera actuación futura, xasexan obras de acondicionamento urbanístico ou novas construcións, asegurando na medida do posible a accesibilidade unirversal.

Tamén redactará un Plan de Accesibilidade que contemple toda a problemática actual en materia de accesibilidade e propoña solucións a curto prazo, como o establecemento de Itinerarios de Accesibilidade, para abordar a máis longo prazo solucións de maior calado.

Á reunión asistiron membros da directiva de AMBAR, entre eles o seu presidente José Antonio Nóvoa Romay, e por parte do Goberno Municipal o alcalde Xosé Lois Piñeiro e o concelleiro de Servizos Sociais Miguel Alamancos.

29 de xullo de 2015 | 22:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.