O Espazo Liñares-Museo da Marioneta acolle o espectáculo “O Palleiro” por Alba Grande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O Sábado día 11 de xullo ás 20:30 h. o Espazo Liñares-Museo da Marioneta acolle o espectáculo teatral “O Palleiro” por Alba Grande. Trátase dun espectáculo itinerante que se vai adaptando ás particularidades dos espazos representativos da xira, para esto Alba Grande fará unha “Residencia artística” no Museo Galego da Marioneta durante os días 9 e 10 de xullo e fará a representación o día 11 ás 20:30 H.

Esta é unha peza teatral con moitos trazos cómicos e musicais, apta para o público interxeracional. O espectáculo conta con música en directo. O dúo entre a actriz e o músico fórmase a partir deste proxecto coa vontade de construír un diálogo vivo entre as dúas forzas escénicas: o teatro e a música.

A obra dramática comprende varios estilos de actuación; dende o texto ao teatro físico, ou aos títeres e á máscara.

8 de xullo de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.