O equipo cadete feminino da Ximnástica non poderá pelexar polo título de Campión de España
A RFEA publicou o ranking Cadete dos equipos que aspiran ao Campionato de España de clubs, da categoría e as mozas da Sociedade Ximnástica non están colocadas entre as oito primeiras, que son as que loitarán o 10 de outubro polo título de Campión de España.
A Sociedade Ximnástica forma parte dos 15 equipos restantes que quedaron fóra da final, pero que pelexarán polos postos do noveno ao vixésimo terceiro.
Agora queda coñecer como reparte a RFEA a estes 15 equipos. En principio apúntase a que se dividirán en dous grupos e unha previsión preliminar vaticina que as novas atletas pontevedresas enfrontaranse ao outro equipo galego a AVA de Vigo, as dúas escuadras de Huesca e os Casteláns de Valladolid e Palencia; un grupo de 7 equipos que moi posiblemente se enfronten en Valladolid ou Palencia.
Haberá que esperar á reunión da Comisión de Clubs, do próximo 31 de xullo en Castelló, para dilucidar como quedarán finalmente os encontros.
Iván Docampo, segundo e Barca Toba, terceira; os mellores da Ximnástica na carreira de Santiaguiño
Unha mañá cun ceo azulado deu a benvida ao milleiro de corredores que participaron na carreira popular Santiaguiño do Burgo, encadrada no CCCP 2015. Ás dez e cuarto da mañá deuse a saída ás carreiras para os máis pequenos, desde cero anos até os 17; que contaron coa presenza de máis de 300 mozas.
Ás once, puntualmente, deuse a saída á carreira Absoluta, con preto de 700 corredores, entre seniors e veteranos, que viñeron gozar unha vez máis dunha carreira cunha gran tradición.
A destacar a presenza dos atletas da Sociedade Ximnástica, que se lles viu a algúns deles, nas primeiras posicións da carreira e tamén no podio. Iván Docampo, que está a loitar pola vitoria no CCCP, acabou en segunda posición; mentres que en mulleres foi Barca Toba a que levou o premio á terceira clasificada.
Tamén estiveron no podio, Martín Taín, na categoría promesa e Teresa Suárez na súa categoría Veterana.
A seguinte etapa do CCCP terémola en Campañó o 19 de setembro.











