O Eirado de Cela acolle o XIV Festival Retrouso e a Retro-foliada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Este sábado 11 de xullo celebrarase o XIV Festival Retrouso e a II Retro-foliada no Eirado de Cela a partir das 21 horas. Nesta edición contarán coa participación do Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro, de Lugo, ademais dunha pequena actuación dos grupos de baile, gaita e pandeireta.

E ás 22.30 horas, a gran foliada amenizada polos grupos Traspés (Vigo), Virutas de Ébano (Vigo), Os Micos (Santiago de Compostela), A Mámoa de Luou (Teo), e Ultreia (Santiago de Compostela). Ademais, todos os grupos que queiran participar poden facelo enviando unha mensaxe privada ao Facebook de Retrouso ou alí no mesmo día da Retro-foliada, xa que se trata dunha actuación aberta a todo o mundo. Para rematar, haberá comida e bebida.

6 de xullo de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.