O detido polo incendio que afecta á parroquia de Palmés xa foi trasladado aos xulgados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

O detido polo incendio que afecta a parroquia ourensana de Palmés foi trasladado durante a tarde deste mércores ao Xulgado de garda nº3 de Ourense, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O home, que foi detido a última hora do martes por parte de axentes da Policía Autonómica, permanecía ata o momento nos cuarteis deste corpo, dende onde foi trasladado ata as dependencias xudiciais.

O lume que afecta a Palmés aínda segue activo e xa calcinou 197 hectáreas, aínda que xa se desactivou a ‘situación 2’ de emerxencia pola proximidade das lapas ás casas. O incendio derivou en diversas incidencias e as parroquias de Pereiro de Aguiar, Pradobó e Trasalva están sen luz dende as 22.00 horas do martes. A zona de Amoeiro tamén rexistrou problemas de subministración.

29 de xullo de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.