O departamento de Urbanismo ferrolán elaborará un informe técnico sobre o edificio desaloxado tras a caída de cascotes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, explicou, en relación ao edificio número 11 da rúa Sánchez Calviño que foi desaloxado no día de onte tras a caída de cascallos da fachada, que se está “á espera do informe técnico da arquitecta que inspeccionou onte o edifcio”, e que procederase a “incoar un expediente ao propietario para que faga unha inspección, por un técnico contratado por él mesmo, que determine se os veciños poden regresar ao seu edificio ou si se teñen que acometer reformas”.

O edificio consta de pranta baixa e cinco pisos e foi desaloxado de urxencia, e como medida de precaución, na tarde deste martes despois de que se producira unha caída de cascotes e de que os técnicos de Urbanismo e a concelleira que se desprazaron ata o lugar constataran a existencia de gretas no inmoble.

De xeito inmediato procedeuse a apuntalar o edificio e a restrixir o paso de peóns na zona frontal. Ata o lugar se desprazaron na tarde do martes efectivos de Policía Local, Protección Civil e Bombeiros. Unha das veciñas, unha muller de avanzada idade e problemas de saúde, foi trasladada en transporte adaptado. 

Cinco adultos -dúas parellas e unha quinta persoa que vivía soa- e un bebé foron realoxados no Hostal América durante o día de onte por Servizos Sociais. A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, que xa mantivo reunións o mesmo martes cos afectados, volveu reunirse con eles esta mañá, xunto con técnicos de Servizos Sociais e un psicólogo, e se decidiu que se hospeden nun aloxamento con pensión completa, dada as dificultades económicas que atravesan. Trátase dunha medida provisional, mentras se decide sobre a necesidade de acometer obras no inmoble.

Así mesmo, tamén foron acollidos, e se lles dou refuxio temporal, a dous gatos que vivían cunha das familias do edificio. 

22 de xullo de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.