O concerto de gospel de Bueu tratará de recadar existencias para o banco municipal de alimentos
Este domingo celebrarase un concerto de gospel solidario ás 22 horas na Praza Massó. O obxectivo deste evento, organizado pola Asociación Cultural Evanxélica Revive en colaboración co Concello de Bueu e de Gospel Vida, é conseguir existencias para o Banco Municipal de Alimentos. Así, para entrar será necesario achegar 1 kg de alimento non perecedoiro. A Asociación Gospel agarda superar os 350 kg que se recolectaron no concerto de Nadal.











