publicidade hoxe

O Concello do Carballiño ofrece información e asesorammento os veciños do rural para solicitar subvencións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, e máis en concreto a área de Medio Rural, está informando os colectivos do rural da linea de comunicación aberta entre o consistorio e eses colectivos, para , entre outras cousas, asesorarlles sobre a solicitude de subvencións. Neste senso a edil Rosario González xa concertou varias citas cos colectivos do rural, que comenzarán este xoves, 30 de xullo, as 21:00 no Torrón. As seguintes citas serán o 31, as 20:00 en Arcos, o 3 de agosto en Lobás as 20:00 e en Pol as 21:00; en Mesego o 5 de agosto as 20:00 horas, e o memso dia, pero as 21:00 en Señorín. Finalmente o día 6 de agosto reunirase cos veciños de Mudelos, as 20:00 e de Madarnás as 21:00.

Así mesmo esta semana xa emitio dous bandos, informando precisamente das primeras subvencións que poden solicitar este veciños, en concreto a referida o plan renove de fiestras.

A edil de Medio Rural sinalaba que “é importante achegar esta información os veciños, que moitas veces non solicitan este tipo de axudas por descoñecemento, e outras por non saber como solicitalas. Por elo dende o actual grupo de goberno queremos ofrecer as mesmas posibilidades a todolos veciños do concello”.

Ademáis de falar destes asuntos das subvencións, a edil tamen recalcará a necesidade de manter limpas as fincas e parcelas, pàra evitar incendios, e do compromisó do concello de asistir a cantas demandas teñan estes veciños “a comunicación con todos estes colectivos debe ser constante, e así o estamos a facer dende o primeiro día que tivemos a responsabiliadade do goberno municipal”.

29 de xullo de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.