publicidade hoxe

O Concello do Carballiño adianta a posta en marcha das brigadas municipais antincendios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os responsables municipais remataron o proceso de contratación das brigadas municipais antincendios, adiantando así a posta en marcha deste servizo con respecto aos ultimos anos xa que no 2014 comezaron a funcionar o 21 de xullo e no 2013 non comezaron ata o 5 de agosto.

O municipio carballiñés conta xa polo tanto con dúas brigadas, formadas por 5 compoñentes cada unha, tres peóns, un condutor e un xefe. A contratación destas brigadas realizouse acudindo á lista de contratación coa que conta o concello, co que a maioria dos traballadores teñen xa experiencia neste traballo. Cabe lembrar que esta listaxe foi elaborada o pasado ano, e terá una vixencia de dúas anualidades.

Con estas dúas brigadas, que estarán en funcionamento durante toda a tempada estival, o concello pretende ter cubertas todolas urxencias que podan darse o longo deste tempo. A estas brigadas debe engadirse, en materia de vixilancia, prevención e acción, os grupos de intervención rápida, e os voluntarios de Protección Civil.

Entre as funcións destas brigadas estarán tamén as de prevención, limpando e rozando zonas de protección. Así mesmo dende o concello lembran a obrigatoriedade dos propietarios de fincas e solares, de manter estes limpos e rozados, para previr tamén a posibilidade de incendios.

14 de xullo de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.