O Concello de Vilagarcía redistribúe fondos para realizar melloras urxentes en instalacións deportivas
O Concello de Vilagarcía terá que facer unha redistribución de partidas económicas para obter os 18.000 euros que se precisan para acometer melloras urxentes en instalacións deportivas do municipio que non estaban previstas polo anterior goberno e que é imprescindible levar a cabo. O asunto abordarase no primeiro Pleno do mandato, o do vindeiro xoves, e o obxectivo é completar a obra inacabada do pavimento sintético do pavillón de Guillán, mellorar o sistema de auga quente do campo de fútbol da Lomba e remodelar os aseos públicos do campo de Vilaxoán
Para poder acometer estas melloras o Pleno deberá apro0bar unha cambio na finalidade dalgunhas partidas dos presupostos municipais.
A actuación que precisa dunha maior gasto é a adquisición de pavimento sintético para o pavillón de Guillán, que ascende a 11.000 euros. O anterior goberno contratou esta obra coa intención de xestionar o pavimento usado que se retirou das pistas de Fontecarmoa para cubrir as instalacións destas parroquias. O novo goberno atopouse con que o material estaba moi deteriorado e non reunía as condicións mínimas para a práctica deportiva, polo que, para completar a obra, é necesario adquirir pavimento novo. O concelleiro de Deportes, Argimiro Serén, explicou que compraranse plantas de caucho sintético, que son de mellor calidade que as de pvc e que contan cunhas propiedades máis idóneas para a práctica do deporte.
Para resolver os problemas da limitación de auga quente no Campo de Fútbol municipal da Lomba, o Concello destinará 5.000 euros á adquisición e instalacións de acumuladores eléctricos.
Por último, o Concello tamén remodelará os aseos públicos do campo de fútbol de Vilaxoán, que ademais de antigos se atopan en un lamentable estado. Para reducir ao mínimo o custe, a actuación realizarase con mano de obra municipal, polo que so será necesario destinar 2.000 euros á compra do material para realizar a obra.











