O Concello de Tui recomenda evitar o consumo da auga da traída debido a un problema de insalubridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTui
A-
A+

O Concello de Tui informa que debido á insalubridade da auga da traída, non recomenda o seu consumo até novo aviso. Varios veciños residentes no Casco Histórico tudense deron a voz de alarma ao comprobar que a auga estaba moi turbia e que non se podía consumir. O Concello de Tui xa se puxo en contacto coa empresa responsable da depuración da auga, e os seus técnicos xa están a traballar para solucionar no menor tempo posible o problema.

17 de xullo de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.