O Concello de Tui notifícalle os horarios da Unidade Móbil de Inspección Técnica de Agrícolas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Concello de Tui fai públicas as datas dos horarios nos que estará na cidade a Unidade Móbil de Inspección Técnica de Agrícolas. Estará no municipio os próximos días 10 e 11 de agosto deste ano en curso na Nave de Guillarei. O horario de atención ao público será pola mañá dende as 9h. até as 13:30h. e polas tardes de 15:15h. a 18h. Para solicitar cita previa facilítase o número de teléfono 902 30 90 00 ou ben a través da páxina web www.sycitv.com

 

27 de xullo de 2015 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.