publicidade hoxe

O Concello de Poio informa do aprazamento da Festa da Ameixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre o aprazamento da celebración da XXVIII Festa da Ameixa. No día de onte tivo lugar unha reunión entre o Concelleiro Delegado de Turismo Xosé Luís Martínez Blanco e a agrupación de mariscadoras a pé, xunto con outros colectivos interesados. Nesta reunión, acordouse por unanimidade, aprazar a Festa da Ameixa, ó continuar a ría de Pontevedra pechada ó marisqueo, e ante a previsión de prolongarse esta situación durante os próximos días.

O Concello de Poio e as asociacións implicadas na celebración do evento gastronómico acordaron o aprazamento da festa tendo en conta a imposibilidade de poder contar co produto protagonista do evento como é a ameixa babosa da ría de Pontevedra.

A celebración da Festa da Ameixa 2015 quedará polo tanto condicionada á apertura da ría, e neste sentido se están a barallar outras datas, non descartando a posibilidade de aprazala festa ata o vindeiro mes de setembro, no caso de continuar a ría pechada ó marisqueo. De tódolos xeitos, dende a Concellería de Turismo se seguirá apostando por este evento gastronómico que xa se leva celebrando no noso municipio máis de 25 anos.

Dende a Concellería de Turismo seguimos en contacto co Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) co obxectivo de estar pendentes de calquera cambio que se produza no estado da ría de Pontevedra.

2 de xullo de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.