O Concello de Ourense fai un chamamento a evitar os actos vandálicos nos parques infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense fai un chamamento aos veciños e veciñas da cidade para evitar os actos vandálicos que provocan graves destrozos nos parques infantís e zonas de xogos para nenos.

O último caso detectado foi o ocorrido esta noite no parque da Canle, na zona do Auditorio Municipal, onde foron destrozados diversos columpios, en forma de cesta, que quedaron inutilizadas para o uso dos máis cativos.

Segundo cuantifica a Concellería de Medio Ambiente, o custe de cada cesta é de 1.600 euros. O concelleiro José Araújo, lamenta que estes feitos se produzan na cidade “tanto polo custe que supoñen estes actos vandálicos, como polo trastorno que supón para os usuarios, neste caso os nenos e nenas, que ven a súa zona de xogos inutilizada pola falta de civismo doutras persoas”. Por elo, o concelleiro fai un chamamento á responsabilidade co fin de preservar o mobiliario público, que é de todos os ourensáns.

21 de xullo de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.