O Concello de Ourense autorízalle á Sociedade Artística La Troya os permisos pertinentes para a ocupación da vía pública
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, na sesión celebrada esta mañá, deu luz verde á sinatura de senllos convenios coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Concello de Ourense, un para o desenvolvemento do Festival de Cine Internacional (OUFF) e outro para a contratación de grupos da Rede Galega de Teatros que dean cobertura á programación de teatro infantil.
No referido ao cine, a Xunta de Galicia achegará 26.000 euros para poñer en marcha unha nova edición do certame, a vixésima, que terá lugar do 14 ao 22 de novembro. Actualmente, o OUFF mantén a inscrición aberta para películas de todo o mundo, que se poderá facer de forma online até o 1 de setembro a través das plataformas uptofest.com e festhome.com.
A segunda das colaboracións entre Concello de Ourense e Agadic será a programación infantil no Auditorio durante o segundo semestre de 2015. Así, a Concellería de Cultura desembolsará un total de 20.060 euros na contratación de 17 espectáculos de grupos pertencentes á Rede Galega de Teatros e Auditorios, e que formarán parte da tradicional oferta de teatro para os máis cativos que se vén programando todos os domingos no Auditorio Municipal.
Festas de A Ponte
Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno local autorizoulle á Sociedade Artística La Troya, como organizadora das festas do barrio de A Ponte, diversas actucións relativas a ocupación de vía pública e medidas de seguridade no barrio de A Ponte para o bo desenvolvemento do programa das festas que comezarán esta mesma noite coa lectura do pregón a cargo do alcalde da cidade.











