O Concello de Lugo está pendente da resolución do TSXG sobre a demolición das torres de O Garañón
O portavoz do equipo de goberno do Concello de Lugo, o socialista Miguel Fernández, asegurou este mércores que o Consistorio está “pendente” da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en relación á demolición das torres de O Garañón.
Son dúas edificacións aos pés das costas do parque Rosalía de Castro, que foron paralizadas polo Xulgado Número 1 de Lugo en 2010, nunha resolución recorrida ante o alto tribunal galego.
Mentres o PP pide unha comisión para evitar que se pague ningunha indemnización ao promotor e a Asociación en defensa das costas do Parque esixe que empece xa a súa derriba, Fernández replicou que é “un tema que esta sub iudice”. “Estamos pendentes do que dite o TSXG e a iso aterémonos”, remarcou.
A investigación sobre irregularidades urbanísticas nesa unidade de actuación conduciu á imputación do promotor, varios funcionarios do Concello e do exrexedor socialista José López Orozco.
Tamén foi imputado o que fose concelleiro de urbanismo en 2005, cando se subscribiu o convenio para reducir de seis a catro a edificabilidade, e actual secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.











