O Concello de Lalín pide á Xunta que execute tarefas de limpeza na Fraga de Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, anunciou que o departamento municipal se púxose en contacto coa consellaría de Medio Ambiente, para pedirlle que proceda á limpeza da Fraga de Quiroga. Segundo explicou, o espazo natural atópase cheo de maleza e de vexetación que medra sen control e deteriora a fraga, feito polo que varios veciños e veciñas xa presentaron diversas queixas. Así, tras remitirlle á Xunta as correspondentes probas gráficas, agárdase que se proceda, coa maior celeridade, á limpeza do lugar que a administración autonómica xestiona.

Por outro lado, coincidindo cos traballos de desbroce que se levarán a cabo, o Concello tamén lle pediu á Xunta que técnicos medioambientais revisen o estado xeral do conxunto arbóreo para contemplar posibles actuacións no ámbito da conservación.

Celia Alonso tamén indicou que, en días próximos, o Concello procederá ao peche da Carballeira de O Rodo aos vehículos. A concelleira explicou que a presenza habitual de automóbiles está ocasionando problemas no solo que afectan ás árbores, detectándose xa varios casos de carballos e castiñeiros enfermos e danados por esta causa. 

16 de xullo de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.