O Concello de Ferrol insta á cidadanía a facer un uso responsable da auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol insta aos cidadáns a facer un uso responsable da auga. Dende o pasado día 10 de xullo está activada en Galicia o Estado de Prealerta Hidrolóxico, tendo en conta as previsións meteorolóxicas para este verán.

Dende a Concellería de Servizos se pide aos cidadáns que fagan un uso responsable da auga e sexan conscientes da necesidade de aforro dun ben escaso, tanto por cuestión de responsabilidade social como de respeto e coidado medioambiental.

Non obstante, compre sinalar que no caso do embalse das Forcadas, que suministra á cidade de Ferrol, o grado de ocupación é do 91’32% do seu volume total de 9’89 Hm cúbicos, segundo os datos correspondentes ao 27 de xullo de 2015.

31 de xullo de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.