O Concello de Ferrol asinará coa Xunta un convenio para que a atención turística se ofreza coordinadamente na praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol asinará un convenio coa Xunta de Galicia que posibilite que a información turística que os técnicos desta administración estaban a prestar no edificio situado na praza de Camilo José Cela se ofreza de xeito coordinado coa de Ferrol na oficina turística da praza de España.

O convenio será firmado nos próximos días co obxectivo de mellorar a atención que se presta aos turistas que chegan á cidade. O concelleiro de Deportes, Turismo e Servizos, Bruno Díaz, así o anunciou tras visitar as oficinas de turismo situadas tanto na praza de España como no porto de Curuxeiras, e saúdar aos traballadores. 

O convenio está “pendente de firma” e tan só falta por ultimar algúns dos puntos, de tal xeito que a partir de setembro se poida ofrecer unha atención conxunta por parte de persoal das distintas administracións. 

Paralelamente, estudarase o funcionamento destas oficinas de turismo, postas en marcha con anterioridade a este goberno, e nas que se terá que valorar a “idoneidade dalgunhas inversións que se fixeron” así como o servizo que se presta. A intención actual é que as oficinas poidan estar abertas durante todo o ano. 

23 de xullo de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.