publicidade hoxe

O Concello de Curtis organiza o Día do Deporte na Rúa en Teixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Concello curtiense organizará mañá, mércores, día 29, o Día do Deporte na Rúa, que encherá o pobo de Teixeiro de actividades deportivas de diversas modalidades e para todas as idades. Esta é unha das iniciativas deportivas municipales con máis exito de participación, xunto co Día da Bicicleta, que se celebrará este mesmo sábado, día 1 de agosto.

O departamento de Deportes instalará campos de voleibol, badminton, minibasket, minifútbol e tenis, ademais de inchables para os máis pequenos. As actividades estarán abertas de 11.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 19.00 horas.

Día da Bicicleta

Esta mesma semana, o sábado, 1 de agosto, o Concello organizará o Día da Bicicleta en Curtis e Teixeiro, no que poderán participar afeccionados ao ciclismo sen límite de idade xa que tamén pretende incentivar a asistencia das familias.

Para optar aos trofeos será obrigatoria a inscrición, que se poderá realizar até o día 30 deste mes nas dependencias municipais de Teixeiro (Casa Consistorial) e nas de Curtis (Mercado Comarcal). 

A ruta terá como punto de partida, ás 10.30 horas, o Pavillón Polideportivo de Curtis e a Praza de España en Teixeiro, e o percorrido en ambos os casos finalizará en San Roque de Xabriño. Á chegada sortearase unha bicicleta de montaña e procederase a entregar os trofeos ao ciclista máis novo, ao máis veterano, á bicicleta máis orixinal e ao grupo ciclista máis numeroso. Ademais, haberá avituallamento para os participantes.

Tanto o Día do Deporte na Rúa como o Día da Bicicleta se enmarcan nas actividades da XV Semana da Cultura e o Lecer, organizada por diversas asociacións de Teixeiro.

 

28 de xullo de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.