O Concello de Cangas continúa cos trámites para o procedemento da piscina municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, segue traballando nos temas pendentes da piscina municipal. Varios asuntos son os que preocupan á concellería e xa comezaron as labores para buscar solucións aos máis urxentes.

Con respecto ao mantemento, veñen de resolverse os temas económicos relacionados coa alarma e tratamento químico neste período de paro de funcionamento no servizo (23 xullo- agosto).

Haberá un pleno a finais de xullo no que se dará viabilidade económica para o reinicio da actividade coa modificación presupostaria de xeración de crédito para o funcionamento da piscina para os meses do último trimestre de 2015. Ademais, levarase a cabo a aprobación inicial do regulamento de servizo, co fin de incorporar durante o periodo de alegacións as suxestións pertinentes no mes de agosto a fin da súa aprobación definitiva a inicios do mes de setembro.

Para a campaña informativa de preinscrición haberá unha rolda de prensa informativa o vindeiro luns 27 de xullo. A campaña dará inicio durante o mes de agosto e indicarase á poboación en xeral (veciñanza, anpas, maiores, discapacidade…) os lugares, horarios e servizos básicos.

Tamén durante o mes de agosto está previsto o procedemento administrativo consistente na publicación no BOP da nomeada modificación de crédito así como o correspondente inicio do Expediente de Contratación con carácter de urxencia e a posterior Resolución do Contrato.

22 de xullo de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.