O Concello de Bueu recollerá mañá un novo vehículo para a Policía Local
Mañá o alcalde de Bueu, Félix Juncal recollerá o vehículo que a Xunta de Galicia lle concedeu para a policía local. O acto de entrega será ás 17.30 horas no edificio da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, e estará acompañado do cabo da policía local buenense.
O vehículo concedido é un Citroen C4 Cäctus de cor branco.
Ademais de Bueu, outros concellos de Pontevedra optaron a esta subvención destinada á adxudicación de vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes e que contén con corpo da policía local. Alí estarán tamén Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Mondariz, As Neves, Poio, Tomiño, Vila de cruces e Vilagarcía de Arousa.











