O Concello de Bueu recibe a concesión de dúas subvenciónspara a mellora da praza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A Praza de Abastos de Bueu está considerada unha das mellores da contorna e por iso é un dos puntos fortes do goberno local, que nos últimos anos apostou por renovar o teito e por dinamizar a súa actividade. E de feito no día de hoxe recibiu a confirmación da subvención para a adecuación física e mellora do espazo destinado a mercado tradicional de venda de excedentes da horta por un importe de 27.408 euros. En concreto, e segundo declarou Félix Juncal, “pretendemos eliminar os parasois dos postos, caixas e demais e substituílos por toldos para cubrirse das inclemencias meteorolóxicas”, ademais da construción de bancadas para a venda deses produtos, que tamén servirán de bancos cando non haxa mercado. Esta iniciativa, cun orzamento total de case 40.000 euros compleméntase ca outra actuación de dinamización comercial da Praza para a que tamén se recibiu unha subvención de 3.000 euros. Ámbalas dúas están cofinanciadas polo FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

24 de xullo de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.