O Concello de Bueu fixa este venres como data límite de inscrición na Ruta das Tapas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Os hostaleiros de Bueu teñen de prazo ata o 24 de xullo para formalizar a súa inscrición na Ruta das Tapas que se vai celebrar entre o 10 e o 13 de setembro, coincidindo co final do FICBUEU. Desde a Concellería de Economía e Turismo, destacan que é importante que se cumpran os prazos para que a organización vaia sobre o previsto, e non se dean apuros de última hora.

Así, o calendario previsto recolle que o 31 de xullo deben estar listos os nomes das tapas, o 14 de agosto as fotos das mesmas e o 15 a publicidade pechada.

O mínimo de establecementos para que se celebre a ruta é de seis, e tamén se acordou un prezo de 1,80 euros por tapa.

21 de xullo de 2015 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.