O Concello de Bueu adxudica o servizo de axuda no fogar
A piques de comezar agosto, o goberno de Félix Juncal aproveita para sacar as adxudicacións das últimas obras e servizos do Concello. Hoxe subiuse ao Perfil do contratante a concesión do servizo de axuda no fogar (SAF) a Idades S.L. , a actual xestora, tras a súa aprobación na Xunta de goberno do 20 de xullo.
O orzamento do SAF de dependencia é de 424.000 euros, e o de libre concorrencia é de 100.500 euros.
O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento no seu contorno habitual. Nos prezos de adxudicación inclúense diversas melloras como as limpezas extraordinarias, atención psicolóxica e de educación social, atencións podolóxicas, de fisioterapia e terapia ocupacional, e outras atencións.











