O Concello de Ames solicita que se cubran as baixas por vacacións dos médicos nos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns
O goberno municipal de Ames vai enviarlle unha carta á Xerencia Integral da consellería de Sanidade, para solicitarlle que se cubran as baixas dos médicos/as que están de vacacións durante os meses do período estival. O Concello xa recibiu varias queixas de veciños e veciñas do Milladoiro advertindo de que non se están atendendo as citas de atención primaria e de receitas. Nestes intres só se atenden as urxencias.
O goberno municipal púxose en contacto vía telefónica, tanto a semana pasada coma hoxe mesmo, coa Xerencia de Xestión Integrada. Debido a que non se solucionan os problemas vaille enviar unha carta para solicitarlle que se cubran as baixas dos médicos/as que están de vacacións durante os meses do período estival.
Os usuarios/as do centro de saúde do Milladoiro e Bertamiráns quéixanse de que chaman para solicitar cita de atención primaria ou de solicitude de receitas e as citas que se lle dan non son inmediatas, tendo que agardar para ser atendidos varias semanas.
A concelleira de Sanidade, Luísa Feijóo, explica que “hai que cubrir as baixas para que o servizo non se vexa afectado. Os veciños e veciñas non teñen porque agardar varias semanas para ser atendidos, nin teñen por qué pagar as receitas mentres agardan a que poidan ser atendidos”.
Dende o goberno municipal agardan que “a Xerencia de Xestión Integrada da consellaría de Sanidade solucionen este problema o máis axiña posible e se cubran estas baixa para poder seguir prestando o servizo de atención primaria e de receitas con total normalidade”.











