O Concello da Laracha renovará o equipamento informático do centro de información ás mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha reuniuse hoxe nunha sesión na que se acordou solicitar a colaboración económica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para mellorar o equipamento do Centro de Información ás Mulleres (DOG número 129 do 10 de xullo).

O Concello da Laracha pretende acollerse a esta liña de subvencións para renovar os equipos informáticos que están a disposición deste departamento.

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) é un servizo municipal gratuíto de atención psicolóxica e xurídica que se presta con carácter permanente e de xeito individual e confidencial ás persoas que así o precisan, incluíndo a atención integral ás vítimas da violencia de xénero. Ao longo do ano desde o CIM tamén se organizan e imparten obradoiros de prevención da violencia e de malas condutas nos centros educativos, así como actividades de corresponsabilidade que se levan a cabo cos nenos usuarios da aula lúdica municipal.

Licencias urbanísticas 

Na sesión de hoxe tamén foron concedidas catro licencias de obra, tendo unha delas por finalidade a construción dunha vivenda unifamiliar.

27 de xullo de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.