O Concello da Coruña pon os recursos de Emalcsa a disposición dos concellos de Ferrolterra
O Concello da Coruña puxo a disposición do de Ferrol e os súa comarca os recursos de Emalcsa (empresa municipal de augas da Coruña) co obxectivo de paliar os problemas que sofren polas deficiencias detectadas na depuradora de Catabois.
O alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, telefoneou ao de Ferrol, Jorge Suárez, para ofrecerlle axuda por medio de Emalcsa, ofrecemento que lle pediu transmitise tamén ao resto de concellos afectados. O Concello da Coruña pon a disposición dos da comarca de Ferrol os seus técnicos de augas, o laboratorio de Emalcsa e tamén está disposto a axudar co subministro se é necesario e se dispoñen dos recursos axeitados para facelo.
Desde o Goberno local da Coruña e Emalcsa comunicaron tamén que esta axuda será completamente gratuíta, aplicando o principio de solidariedade e cooperación entre concellos.











