O Concello da Coruña fomenta a cultura participativa cun obradoiro infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Do 10 ao 21 de agosto, a Concellería de Participación e Innovación Democrática organiza un obradoiro infantil no barrio do Birloque que ten como obxectivo fomentar a cultura participativa entre a poboación infantil, a través de actividades lúdicas e educativas.

O obradoiro desenvolverase de luns a venres, en horario de mañá, de 09.30 a 14.00 horas, nas instalación do Espazo Veciñal do Birloque, na Avenida de Glasgow, 5. O obradoiro é totalmente gratuíto e poderán participar nel nenos e nenas de entre 3 e 11 anos. Ao longo de dúas semanas realizaranse actividades de debates e asembleas, contacontos, xogos populares e cooperativos, teatro, monicreques, xogos deportivos de equipo, animación á lectura ou educación vial. Ademais, todos os días ofrecerase unha pequena merenda de media mañá.

Para participar é necesario facer unha inscrición previa entregando a solicitude no Espazo Veciñal do Birloque, do 27 ao 31 de xullo de 2015. O formulario está dispoñible neste centro e nas entidades veciñais do Birloque. Cada persoa pode entregar un máximo de tres formularios de solicitude.

24 de xullo de 2015 | 21:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.