O concelleiro de Deporte visita a piscina exterior na súa apertura ao público

O edil de Deporte na visita ás instalacións
O tenente alcalde e concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, visitou hoxe a piscinas exterior, coincidindo co seu primeiro día de apertura ao público. González Casares comprobou as tarefas de acondicionamento que se levaron a cabo nos vestiarios e na zona da propia piscina, como posta a punto para o seu funcionamento dende hoxe.
Así memso, aproveitou para falar co persoal de mantemento, de socorro e de recepción, coa intención de comprobar que todo está en orde para empezar a recibir bañistas. Os primeiros achegáronse esta mesma mañá, a pesar de que o tempo non foi propico para o seu desfrute. Aínda que se pretende baixar o prezo de entrada ás instalacións de cara a cursos próximos, a necesidade de modificar a ordenanza municipal para tal fin e os prazos derivados desta modificación, impediron efectuar a rebaixa este ano. Os prezos son de 1,50 euros para adultos e de 1 euro para menores de 14 anos e maiores de 59, mentres que os usuarios do Lalín Arena teñen acceso gratuíto. O horario de apertura é ininterrompido, de 12.00 a 20.00 horas cada día.











