O comercio de Redondela celebra este venres ’The shopping night Redondela’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Dende as 20:00h ata a 01:00h os locais comerciais do Centro Comercial Aberto de Redondela permanecerán abertos ao público con ofertas e promocións especiais. 

Medio centenar de comercios sumaranse a esta campaña promocional. Durante as horas de apertura especial mostrarán unha decoración especial  e terán ofertas e promocións que só estarán vixente neste horario especial.

Os comercios participantes contarán con ambientación musical, degustacións, actuacións musicais e outras moitas sorpresas que poderás atopar en calquera lugar da vila dende Vilavella ata Santa Mariña. 

O Centro Comercial Aberto contará ademais cun destacado programa de actuacións escénicas no marco do Festival de Artistas de Rúa. As actuacións comezarán ás 20:00 na Alameda, con distintos pases e actuacións.O broche final virá da man da actuación de Luis Davila e Carlos Blanco co seu espectáculo “Menú do día” ás 23:00h na Praza da Torre.

Na sección “campañas e promocions” da web www.empresasredondela.com o consumidor pode informarse das promocións e sorpresas que teñen preparadas cada un dos establecementos.

30 de xullo de 2015 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.