O Colexio de Veterinarios e Edicións Xerais presentan o novo libro de Diego Conde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A sede do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense acollerá a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemppránea, de Diego Conde Gómez. Ao acto asistirán, ademais do autor, Manuel Bragado, director de Xerais; Uxío Rei, presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, e Juan José Gómez Fernández, presidente da institución colexial ourensá. A presentación terá lugar ás 19:30 horas, xoves 2 de xullo, na sede do Colexio de Veterinarios.

2 de xullo de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.