O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia colaborará co Concello de Ferrol na implantación dos proxectos

O alcalde de Ferrol na reunión co decano
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, recibiu hoxe no seu despacho da Alcaldía ao decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Oriol Sarmiento, a que asistiu acompañado do director de xestión do ICOIIG, Pablo Pérez, e o delegado en Ferrol do ICOIIG, José Ramón López Vivero.
O obxecto desta xuntanza, solicitada polo Colexio, foi de presentar formalmente a entidade e ofrecer a colaboración do ICOIIG ao Concello de Ferrol, que se podería artellar a través dun convenio de colaboración entre o ICOIIG e a FEGAMP que abre a porta a que enxeñeiros industriais desempregados poidan realizar prácticas non laborais no Concello de Ferrol, cunha duración de 3 a 6 meses.











