publicidade hoxe

O club de fútbol de Marín presenta o seu plan estratéxico para a vindeira tempada á alcaldesa da vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+
A alcaldesa na reunión coa directiva do club de fútbol

A alcaldesa na reunión coa directiva do club de fútbol

Na mañá deste xoves día 2 de xullo a directiva do club marinense ESCOLAS DE FÚTBOL VILA DE MARÍN mantivo unha reunión coa alcaldesa María Ramallo e o Concelleiro de Deportes Antonio Traba. O club de fútbol, con esta reunión, quixo a dar a coñecer de primeira man o seu plan estratéxico para a tempada 2015-16, no que, entre outros, engádese un director deportivo á súa estrutura deportiva como novidade principal.

O presidente do club, Bernardo Jácome, agradeceu á alcaldesa o apoio constante para co seu club e aproveitou para solicitar certas melloras na instalación do Estadio Municipal de San Pedro, que redundarán en beneficio de todos os usuarios. Así mesmo, presentaron as actividades previstas para a tempada 2015-16.

Este club con xa case 4 anos de vida conta con máis de 100 nenos e nenas inscritos e federados, ademais de ser os coordinadores da Escola Municipal Deportiva de Fútbol.

Tamén a alcaldesa aproveitou para felicitalos polo seu recente título de Campioa de Copa Deputación en categoría benxamín, lograda o pasado fin de semana.

2 de xullo de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.