publicidade hoxe

O Club Ciclista Burela organiza a MACHADA 2015 para o día 1 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Esta actividade lévase facendo varios anos e consiste en facer unha ruta en bicicleta de montaña con unha dificultade física e técnica moi grande. En anos anteriores fixeron rutas a San Andrés de Teixido, As Pontes de García Rodriguez e o ano pasado fixeron unha ruta de 24 horas por 9 dos 15 concellos que forman a Mariña. 

Este ano farán a ruta dende Burela ata o Club Fluvial de Lugo na capital da Provincia, sairán as 6:30 horas de Burela e a ruta pasará por Foz, Vilamar, alto da Cadeira, A Pontenova, Meira pola serra de Meira e o pedregal de Irimia (nacemento do río Miño), Mosteiro (Pol) e ten previsto chegar o Club Fluvial de Lugo as 20:30 horas, a ruta ten 135 kilómetros e 3.650 metros de desnivel positivo o que supón que sexa calificada de grande dificultade ou sólo para expertos no mundo do btt. 

Este ano tamén farán o mesmo día unha ruta en bicicleta de estrada saíndo de Burela as 13:00 horas e tendo previsto chegar a entrada de Lugo a mesma hora que os de btt para facer un percorrido pola cidade da muralla e rematando no Club Fluvial donde facilitan poder ducharse e a continuación degustar unha merecida cea nun restaurante da localidade. 

O remate da cea regresarán ata Burela en autobús. 

Dende o Club Ciclista Burela queren agradecer o Club Fluvial de Lugo a deferencia que tivo con eles ao ceder as insatalaciós para poder asearse o remate das dúas rutas. 

Estas actividades son organizadas pensando no disfrute e na confraternización que proporcionan os socios do Club estas rutas de moitas horas e dificultade máxima xa que contan coa experiencia dos anos anteriores.

28 de xullo de 2015 | 20:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.