publicidade hoxe

O CEP Altamira e a E. I. Xoaniña colaboran co Programa de Alimentos de Salceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

O CEP Altamira e a Escola Infantil Xoaniña veñen de facer sendas aportacións para o Programa de Alimentos de Salceda, resultado de iniciativas solidarias levadas a cabo en ambos centros educativos.

No caso do CEP Altamira, os alumnos e alumnas organizaron un mercadiño de libros de segunda mancoincidindo coas datas das Letras Galegas. O mercado recaudou un total de 248 €, que serán empregados en adquisición de productos para o Programa de Alimentos.

Por outra banda, tamén a Escola Infantil Xoaniñalevou a cabo unha iniciativa solidaria que consistiu na recollida de alimentos infantiles. Foronmáis de 250 kg de productos os recaudados: leite infantil, papillas, zumos…, que Xoaniñaentregoutamén para o Programa de Alimentos de Concello.

Ao longo do ano son diversos os colectivos, institucións, empresas e persoasindividuais as que fan aportacións de diversa índole para este Programa, que se xestiona a través do voluntariado de Salceda por medio dos ServizosSociaisMunicipais.

Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social e Ensino: “Os colectivos de Salceda, neste caso os centros escolares seguen a demostrar a súasolidaridade e a súa disposición a realizar este tipo de eventos altruistas. Dende o Concello agradecemos enormemente estesxestos, e dende logo non queremos deixar pasar a ocasión de trasladarllesao Altamira e a Xoaniñaneste caso os nososparabéns por estas iniciativas”.

1 de xullo de 2015 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.