O Celta viaxa este sábado a Vila do Conde para medirse a Río Ave e Paços Ferreira
O primeiro equipo desprázase este sábado á localidade portuguesa de Vila do Conde para participar a partir das 18:00, hora portuguesa, no Troféu Turismo Porto e Norte, un torneo triangular con partidos de 45 minutos no que se medirá ao Río Ave e ao Paços Ferreira, equipos da Primeira División de Portugal. O Río Ave, club anfitrión, finalizou o campionato luso como décimo clasificado e participou na fase de grupos da UEFA Europa League 2014/2015. O Paços Ferreira, oitavo na liga portuguesa, tamén conta con experiencia en competicións europeas.











