O Celta B reforza o seu ataque con Guille Andrés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O filial celeste reforza o seu ataque coa incorporación do dianteiro Guille Andrés. O xogador chega a Vigo procedente do Valladolid B e vestirá a camiseta celeste a próxima tempada con opción a outros catro. Guille Andrés (1992, Valencia) xogou nos equipos xuvenís do Vilarreal CF, no CD Olimpic de Xàtiva de 2ªB, na escuadra Sub-21 do Wigan inglés e no filial do Real Valladolid. 

O futbolista valenciano debutou co primeiro equipo valisoletano o pasado outubro en Copa do Rei, anotando o primeiro tanto da vitoria ante o Xirona. A pasada tempada tamén se estreou na competición de Segunda División co cadro valisoletano. O xogador incorporouse este venres aos adestramentos do Celta B na Madroa.

17 de xullo de 2015 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.