O Castelo de San Felipe será sometido a traballos de limpeza e mantemento

Estado actual do edificio
O Castelo de San Felipe será sometido a traballos de limpeza e de mantemento ante o estado “escandaloso” de “desleixo” no que se atopa, tras “catro anos nos que non tivo ningún tipo de atención”. Así o explicou a concelleira de Medio Rural e Patrimonio Histórico, a socialista Rosa Méndez, que lembrou que se trata dun Ben de Interese Cultural.
En rolda de prensa, Rosa Méndez lembrou en primeiro termo que o patrimonio da cidade “son unha serie de bens que pertencen aos veciños e ás veciñas da cidade, porque forma parte da nosa historia e da nosa identidade” e que non resulta algo gravoso senón que ten que servir “como elemento de dinamización económica”.
Lamentablemente, isto non vai parello, aseverou, co estado do Castelo, que pese a ser “un dos edificios máis emblemáticos da cidade” se topa nun estado “escandaloso”
debido a que “nestes últimos catro anos non tivo ningún tipo de atención especial nin como Castelo nin como Ben nin como reclamo nin como absolutamente nada”.
Segundo relatou, os muros atopánse con maleza “que non é de día nin de meses” e que non só xera unha imaxe de “desleixo” senón que provoca o seu deterioro. Ademáis, no chan pódense atopar plásticos, cabichas e residous que reflexan que non houbo unha limpeza adecuada nestes últimos tempos.
Ante esta situación, as solucións que se adoptaran, explicou Rosa méndez, pasarán por solicitar “con urxencia” un informe global sobre o estado actual do Castelo. Posteriormente, pediranse orzamentos a empresas especializadas sobre a limpeza da maleza nos muros para facela por treitos, segundo as urxencias que marca o deterioro do Castelo.
Paralelamente, acometerase unha limpeza integral do chan e das instalacións do castelo, para evitar a imaxe actual de residuos e basuras acumuladas.
Con posterioridade encargarase un informe técnico, en conversa permanente con Patrimonio, sobre os elementos que poden precisar ser reparados, como a porta de entrada.
“A miña visita foi unha sorpresa non moi grata, temos que tomar medidas e penso que os ferroláns e as ferrolás non se merecen esta imaxe”, aseverou Rosa Méndez.
Debido a que a concellería de Patrimonio Histórico, ao ser de nova constitución, carece de orzamentos propios, estableceranse conversas coas áreas de Cultura, Urbanismo e Servizos para acometer este plan de mellora do Castelo de San Felipe e non se descarta a solicitude de subvencións, no caso de que sexa posible.
De cara ao futuro, Rosa Méndez aposta por elaborar un proxecto de intepretación do Castelo, que esdtableza cales poden ser os usos aos que se destine a antiga fortaleza, para a partir de ahí establecer o tratamento que se lle pode dar e as intervencións que poderían ser precisas.











