publicidade hoxe

O Carballiño inicia unha campaña de sensibilización cidadá para mellorar a limpeza da vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Facer un Carballiño mellor, máis limpo e que mostre a súa mellor cara. Esa é a intención do actual grupo de goberno municipal que, a traves das áreas de medio ambiente e servicios públicos, iniciarán estes días unha campaña de concienciación entre los veciños para, entre todos, conseguir que a vila do Arenteiro sexa un referente en canto a limpieza.

Os responsables municipais son conscientes que na época estival é imprescindible intensificar as labouras de limpieza e o mesmo tempo controlar ainda máis os horarios para depositar o lixo nos contenedores. Son meses nos que a poboación crece, e polo tanto tamben crece o volumen de lixo, e que o calor fai que os contenedores podan desprender malos olores. Por eso dende o concello intensificarán as labouras de limpieza, a pesar das dificultades que trae consigo a carencia de persoal para estas funcións heredada da anterior corporación, pero piden tamben a colabora dos veciños e veciñas, para que cumpran con eses horarios marcados dende a institución municipal.

A responsable de Medio Ambiente ¨Érika Paz, aseguraba que “moitas veces botar o lixo media hora antes do tempo establecido pode provocar cheiros, por elo creemos que, siemplemente respetando eses horarios, poderíamos adiantar moito en canto a limpeza e boa imaxen do pobo”.

Dende o concello lembran que o depósito do lixo nos contenedores non debe facerse nunca antes das 19:00 horas, e ata as 6:00 horas do día seguinte, horario no que empeza a recollida por parte dos camaións de lixo. Evitando así que o lixo permaneza nos contenedores durante todo o día, e sobre todo exposto o calor desta época do ano.

La campaña de concienciación se realizará en varios niveles, dende o sector comercial al hostelero, sen esquecer os colexios. Entre todos, é a idea dos actuais gobernantes, debemos ofrecer a mellor cara do Carballiño, devolver a nosa vila a súa mellor imaxen.

Por outra banda, pero dentro do capítulo de limpeza, o concello pretende nas vinderas datas manter una reunión cos responsables da Deputación Provincia, para revisar o convenio asinado entre estas dos instituciones, para conseguir unha mellora do servizo de recollida de lixo en todo o municipio.

8 de xullo de 2015 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.