publicidade hoxe

O Carballiño e Abanca asinan un convenio para o patrocinio da Festa do Pulpo dos próximos catro anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño asinuou un convenio ca entidade Abanca, para colaborar durante os vindeiros catro anos na Festa do Pulpo do Carballiño. Este é o resultado da pegada que está ater a festa carballiñesa en todlos sectores, xa que dende hai tempo son moitas as firmas comerciais que queren formar parte desta cita gastronómica e festiva, declarada de interese turístico nacional.

A colaboura de Abanca, xunto con resto de patrocinadores desta edición, permitiron intriducir no programa de festas, que se alonga durante 15 días, máis actividades e incluso inlcuir nesa programación eventos como gran concerto central das festas.

Ademáis a sinatura dun convenio o longo plazo tamén permite o concello do Carballiño programar as seguintes edicións dun xeito máis concreto e cun respaldo que convida os responsables desta festa a seguir ampliando a súa programación, algo que beneficia a toda a vila e principalmente a sectores como o da hosteleria e o comercio, que ven como cada ano son máis os visitantes que se achegan nestas datas a vila carballiñesa, movidos pola celebración desta festa.

A colaboura de Abanca se suma o do resto de patrocinadores que dende hai moitos anos confian no carballiño para publicitar su marca. Firmas tan relevantes como Aceites Abril, Coca Cola, Estrella Galicia, acuden cada ano para apoiar a Festa do Pulpo, sen esquecer o producto gastronómico que sempre acompaña o pulpo a Feira, o Pan de Cea, que tamen colaboura nesta festa, ou o viño, que dende hai anos leva sempre o nome das bodegas Extramundi, e nos ultimos anos Gadis, empresa galega que quere etsar presente na mellor festa de Galicia.

Por outra banda están os organismos oficiais, que confían ano tras ano na Festa do Pulpo, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, o Inorde, se suman tamén a esta gran romaría gastronómica do Carballiño.

30 de xullo de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.