publicidade hoxe

O Carballiño comeza os trámites para nomear ao presidente da academia Argentina fillo adoptivo da vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Acto de benvida a José Luis Moure

Acto de benvida a José Luis Moure

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega anunciaba este mércores a intención de iniciar os trámites para nomear o presidente da academia das letras Argentina fillo adptivo da vila, e o facía no acto de benvida a este persoeiro o concello carballiñés. José Luis Moure, que así chamase o presidente da academia Argentina, é fillo de galegos, en concreto dun veciño da parroquia carballiñesa de Banga, que ocmo outros moitos a principios do século pasado, tiveron que emigrar ó outro lado do océano, buscando un futuro.

Así o lembraba Francisco Fumega no seu discurso de benvida, sen esquecer a pegada que tiveron eses miles de galegos que foron ata o cono sur, levanda ata ali a cultura e a lingua da súa terra nai.

Pola súa banda José Luis Moure agradeció o recibimento no concello carballiñés, asegurando que nesta viaxe a patria do seu proxenitor, estaba mirando todo cos ollos do seu pai, e lembrando todo canto il lle contaba de Galicia, de O Carballiño e de Banga. Moure, que chegou acompañado pola súa dona e o escrito Luis Tosar, foi tamén recibido por parte da súa familia que ainda vivie no carballiño, e maís en concreto na zona de Banga e Cabanelas.

Foio Luis Tosar quen destacou a figura de Moure, como un home que non so defendió e protexiño a lingua castelan na Arxentina, senón que tamén defende a sua lingua nai, o galego, nesa terra de alen dos mares.

No recibimento a José Luis Moure estiveron tamén o edil de Cultura, Diego Fernández, así como os edis da oposición Bernardo García e Pilar Caride. O alcalde, e tras asinar o convidado no libro de honra do concello, entregoulle uns agasallos, un libro do arquivo municipal, outros sobre o termalismo en Ourenese e un disco da banda de música do Carballiño. Ó recibir este CD Moure lembrou que o seu pais fora tamen membro da banda de música do Carballiño. Tamén se lle fixo entrega duna metopa co escudo da vila do Orcellón.

22 de xullo de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.