publicidade hoxe

O Carballiño acolle unha nova edición do Festival de Habaneras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O edil de Cultura foi o encargado de presentar unha nova edición do festival de habaneras do Carballliño, que cumpre este ano a súa XXIII edición, e que un ano máis está organizado polo Orfeòn do Carballiño. Diego Fernández agradecía o director do Orfeón a súa laboura, levando o nome do Carballiño por todo o mundo, e lles animaba a seguir nesta linea, ofrecendo todo o apoio que poda dar o concello.

O festival de habaneras terá lugar o vindeiro 1 de agosto, no multifuncional do Carballiño, a partires das 20:30 horas. Nesta edición participarán a Rondalla  Alfaia de Cenlle, a ùnica rondalla en activo da provincia de Ourense; o coro Voz del Pueblo de Guarnizo, Cantabria, a Rondalla Club de Campo de Ferrol e a organizadora, o Orfeón do Carballiño.

Cada ano este festival homenaxea a unha persoa ligada co mundo da mùsica e a cultura galega, e n esta ocasión a homenaxe será para Esther del Río Baña, funcionaria galega en europa “que levounos o Orfeón moitas veces a Alemania, e que sempre apostou pola música galega. Por elo perceunos unha boa homenaxeada nesta edición”.

A entrada, coma sempre, será gratuita , para todalas persoas que queiran desfrutar das habaneras, e participar no festival xa que o peche do mesmo cantarán todalas agrupacions xuntas, e pediran a colaboración do público para esa peza final.

20 de xullo de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.