O bronce europeo da Selección Feminina estará presente no III Clínic Unika

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

César Rupérez vén de lograr o bronce coa Selección Española Feminina no Eurobasket de Hungría. Pero o seu palmarés non queda aí. Campión durante tres anos consecutivos da liga feminina chinesa co Shanxi Rui Flame, estará connosco este fin de semana no III Clínic Unika “Desmontando ao adestrador axudante”.

A cita, que se celebrará no Pavillón de Santa Isabel o sábado e o domingo, ha ampiado o seu prazo de inscrición até o venres 10, polo que os máis atrasados poden anotarse aínda a través do correo clinic@obradoirocab.com ou nas oficinas do club.

O técnico navarro goza no seu traballo dunha peculiaridade importante: tanto no seu club como no combinado nacional comparte banco con Lucas Mondelo como adestrador xefe. “Está claro que se nota moitísimo menos o cambio porque nos coñecemos, pero o certo é que si hai diferenza. A máis destacable é que no Shanxi Rui Flame só estamos el e eu, mentres que na selección somos tres axudantes, polo que nos podemos repartir mellor as tarefas e axudarnos mutuamente para que o proceso sexa máis áxil”, aclara. 

Para el, o traballo do adestrador axudante volveuse cada vez máis crucial cos anos, porque “antes case todo se centraba no scouting alleo, mentres cada vez máis teñen cabida outras recompilacións de datos, moitas centradas no scouting propio”. Nese sentido, tamén é tarefa do axudante “filtrar esa información para que chegue ao adestrador xefe de forma concisa. Hai que conseguir que toda a análise chegue ao momento final en forma de pílula que o adestrador xefe entenda rápido para que poida tamén tomar decisións rápidas para o plan de partido ou mesmo durante o mesmo”, explica.

Aínda que o seu relatorio nesta ocasión, setitula “Criterios para a selección e análise de obxectivos” e tratará “máis do traballo en pista”. “De como se pode traballar con xogadores novos en desenvolvemento que moitas veces están integrados na estrutura do equipo profesional e de como hai que procupar que os obxectivos do equipo e deses xogadores ou xogadoras convivan día a día integrados”, engade. Para este invitado, o Clínic Unika é “unha iniciativa inmellorable desde fai tres anos, cando naceu”. Asegura que para el é un orgullo “entrar neste cartel de prestixio”.

Agora mesmo, o principal obxectivo de Rupérez e os seus compañeiros de staff no club oriental é “construír un novo equipo”. “Cada ano é un reto nunha liga tan cambiante. O pasado curso enfrontámonos, por exemplo, a cambios de normativa de cotas de estranxeiras e de calendario. E se non es unha besta económica, facer un bo ano significa empezar de cero, como lle pasa ao Rio Natura Monbus Obradoiro. Xa sabemos que non continúan parte das mozas do noso quinteto inicial, así que temos que concentrarnos en reformar iso para poder alargar eses tres anos de campións a catro”, conclúe.  

7 de xullo de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.